¿É o mesmo NIF que NIF-IVE?
Non. O NIF necesítano as persoas físicas ou xurídicas para calquera relación de natureza ou con transcendencia tributaria, mentres que o NIF-IVE é necesario para realizar determinadas operacións intracomunitarias. Este número asignarase cando se solicite polo interesado a inclusión no Rexistro de operadores intracomunitarios, mediante a declaración censual de alta ou modificación. A Axencia Estatal de Administración Tributaria poderá denegar a asignación deste número se non se cumpren os requisitos previstos na normativa específica.
¿Quen debe ter NIF-IVE?
O NIF-IVE asignarase, con algunha excepción, ás seguintes persoas ou entidades:
¿Cal é a composición do NIF-IVE?
Para os efectos do Imposto sobre o Valor Engadido, para as persoas ou entidades que realicen operacións intracomunitarias, o NIF-IVE será o definido de acordo coas normas xerais, ao que se anteporá o prefixo ES, conforme o estándar internacional código ISO-3166 alfa 2.
É dicir: NIF IVE = ES + NIF
¿Como se solicita o NIF?
As persoas físicas que non sexan empresarios nin profesionais e non dispoñan de Documento Nacional de Identidade (DNI) ou de Número de Identidade de Estranxeiro (NIE) solicitarán o NIF mediante o modelo 030. Non obstante, se realizan actividades empresariais ou profesionais, solicitarán o NIF mediante o modelo 036.
A documentación que se debe achegar na solicitude do NIF é a seguinte:
Persoas físicas de nacionalidade española maiores de 14 anos residentes no estranxeiro, sen DNI.
Persoas físicas de nacionalidade española menores de 14 anos sen DNI.
Persoas físicas de nacionalidade estranxeira que non dispoñan de NIE.
Persoas físicas de nacionalidade estranxeira menores de 18 anos se carecen de Número de Identificación de Estranxeiro (NIE).
Documentación adicional no caso de solicitudes presentadas por medio de representante:
As persoas xurídicas e entidades sen personalidade solicitarán o NIF mediante o modelo 036, independentemente de que vaian realizar ou non actividades empresariais ou profesionais. A documentación que se debe achegar é a que se indica na nota informativa desta páxina web, á que se accede mediante a seguinte ruta: Inicio / Empresas e Profesionais / NIF / Documentación necesaria para obter o NIF definitivo.
No modelo 036 é necesario cubrir as seguintes páxinas:
Ademais, deberase acompañar a documentación que acredite a existencia da persoa ou entidade.
O modelo 036 pódese adquirir nas Administracións e Delegacións da Axencia Tributaria. Así mesmo, nesta páxina web (A un clic / Modelos e formularios / Censos, certificados e outros, Modelo 036) pódese obter o modelo 036 e consultar a “documentación para obter o NIF definitivo de persoas xurídicas ou entidades” .
¿Como se solicita o NIF-IVE?
Para solicitar o NIF-IVE, deberase solicitar a inclusión no Rexistro de operadores intracomunitarios. Para iso, presentarase un modelo 036 de declaración censual enchendo as casas seguintes da páxina 5: