Axencia Tributaria - A Axencia Tributaria

A Axencia Tributaria

Buscador avanzado

Oficina Virtual - Sede

Estatística do Imposto sobre Matriculación de Vehículos Automóbiles

Presentación


A Axencia Estatal da Administración Tributaria publica a Estatística do Imposto sobre Matriculación de Vehículos Automóbiles, na súas dúas versións Avance mensual e Estatística anual baseada nas declaracións que os contribuíntes están obrigados a presentar do Imposto Especial sobre Determinados Medios de Transporte (IEDMT) coa primeira matriculación definitiva en España de vehículos automóbiles novos ou usados accionados a motor para circular por vías e terreos públicos. O Avance mensual presenta a información correspondente ao ano en curso cun desfasamento entre o mes de referencia e o mes de publicación de aproximadamente 35 días. A Estatística anual presenta a información correspondente ao último día do ano do exercicio fiscal de referencia da estatística.

A fonte de datos obxecto de tratamento estatístico constitúeo a información contida no modelo de declaración 576 (Declaración do Imposto Especial sobre Determinados Medios de Transporte) que se presenta obrigatoriamente de forma telemática.

Incorporouse á estatística pública de base tributaria, esta publicación relativa ao sector do automóbil, presentando información do número de vehículos matriculados e as súas características tales como a cilindrada, o prezo medio do vehículo, etc. e incorporando a información de carácter fiscal proveniente do propio modelo de declaración, bases impoñibles, tipos aplicables e cotas. Ademais, incorpóranse a partir do 1 de xaneiro de 2008 as modificacións no IEDMT aplicándose os 'tipos impositivos' en función das emisións oficiais de CO2 e do epígrafe no que se encadre cada un dos medios de transporte pola Lei 34/2007 da calidade do aire e protección da atmosfera. Esta lei derroga o artigo 70.bis da Lei 38/1992, do 28 de decembro, de Impostos Especiais, polo que se establecían medidas urxentes en relación co plan Prever. Cómpre salientar que esta estatística non é unha estatística exhaustiva do modelo 576 porque non incorpora a información relativa a motocicletas, embarcacións e aeronaves, que tamén se inclúen no mesmo modelo do imposto de matriculación.

Actualmente, España sitúase entre os primeiros postos de fabricantes europeos de vehículos (o 3º en Europa) e o 7º a nivel mundial, sendo de grande importancia o coñecemento do sector. De aí que a información estatística do sector automóbil en España sexa de grande interese social e económico. Esta estatística non pretende competir senón complementar as estatísticas públicas proporcionadas pola Dirección Xeral de Tráfico e elaboradas pola Asociación Nacional de Fabricantes de Vehículos Automóbiles.

Por outra banda, esta información cobra especial importancia para as Comunidades Autónomas ao constituír este imposto outra fonte de financiamento autonómico. A estatística preséntase para cada unha das comunidades autónomas, preservando en todos os casos o segredo estatístico.

Esta nova estatística complementa o "Estudo do Imposto Especial sobre Determinados Medios de Transporte" que elabora anualmente a AEAT e cuxas edicións son accesibles na web da AEAT (portal da Aduana española).



Documentación


Publicacións

Calendario de difusión

XaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuño
Día 25
(nov-dic/2009)

Día 18
(2009)

Día 22
(ene/2010)

Día 29
(feb/2010)

Día 26
(mar/2010)

Día 31
(abr/2010)

Día 28
(may/2010)

XulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro
Día 26
(jun/2010)

Día 27
(jul-ago/2010)

Día 25
(sep/2010)

Día 29
(oct/2010)

Día 27
(nov/2010)


    Retencións do traballo persoal 2010PlanE (Plan Español para el Estímulo de la Economía y el Empleo)Devolución Mensual do Imposto sobre o Valor EngadidoDevolución de IVE non establecidoCampaña de Renda 2008Portal de Educación Cívico-TributariaDeclaracións Informativas 2009Campaña de Sociedades 2008